jueves, 23 de diciembre de 2010

Felices festas a todos!

Desexovos dende aquí felices festas a todos e un feliz aninovo. Lembrade os que suspendestes que se farán recuperacións da avaliación en xaneiro (salvo en Cidadanía), así que desfrutade das vacacións, pero intentade repasar tamén os contidos do primeiro trimestre.

Ao resto tamén vos recomendarei unha boa película navideña: "Feliz Navidad". Unha bonita historia de nadal no medio das trincheiras na 1ª Guerra Mundial, moi fácil de ver e cunha mensaxe moi positiva. Podedela ver este mesmo sábado de nadal en VTelevisión, un dos novos canais en aberto da TDT, ás 16:00.



E por último un tema navideño dos Smashing Pumpkins co que me despido de vós ata o 10 de xaneiro. Saúdos!:

lunes, 13 de diciembre de 2010

Arte gótica

Deixovos as últimas presentacións sobre a arte gótica. A primeira, que vimos na aula, podedes baixala. A segunda só a podedes ver desde internet. O xoves tentaremos vela na aula e repasaremos o resto. Empezade a estudiar para poder plantexar o xov

viernes, 10 de diciembre de 2010

Día dos Dereitos Humanos

Hoxe conmemorase o aniversario da firma da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Que mellor forma de recordalo que denunciando a situación do actual Premio Nobel da Paz, o chino Liu Xiabo.

Hoxe mesmo entregouse en Oslo o premio, ao cal non puido asistir o homenaxeado, preso polo goberno de Pekín pola súa postura favorable á democratización do país. No momento da entrega, unha cadeira baleira lembraba ao homenaxeado. Aqui tedes a noticia:

Entrega do Nobel

O goberno chino fixo todo o posible por silenciar este acontecemento, tentando que no país non se soubese nada de él. Moito queda aínda por conseguir en materia de Dereitos Humanos, e non só en China...

sábado, 4 de diciembre de 2010

Arte islámico e arte románico

Deixovos aquí algunas das presentacións que empreguei na aula para explicar o románico e a arte islámica. Lembrade que para o exame entrará os apartados específicios do libro e o apuntado na libreta durante as aulas. Pero pensade que en temas referidos á arte é imposible estudalos só con contidos teóricos, senón que tamén necesitamos fotos, debuxos, etc. que nos axuden a comprendelo. Das presentacións quedadevos só coas cousas que vimos e falamos na clase, xa que nelas atoparedes bastante máis información da que vos vou a pedir.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Día Mundial contra a Sida

Hoxe, 1 de Decembro, conmemórase o día mundial da loita contra esta enfermidade, cousa que se ven facendo dende que a ONU o establecese no ano 1998, vendo que estaba empezando a converterse na pandemia máis grave de finais do século XX. As estadísticas ofrecenos datos arrepiantes.

En África cerca de 8.000 persoas morren infectadas polo sida (fonte: El País)

Nunca ven mal recordar que, a pesares de ser moito máis graves en países subdesenvolvidos, o sida é unha enfermidade da que non se libran países como o noso. Aquí o gran problema non é a falta de medios técnicos ou médicos, senón que é un problema de responsabilidade. Como hoxe mesmo declaraba un médico español no telexornal, "hai moita información, pero pouca concienciación". A pesares de saber que é unha enfermidade de transmisión sexual, moita xente (sobre todo a xuventude) non toma as precaucións necesarias. É dicir, o uso do preservativo, o único método anticonceptivo que pode evitar a transmisión do sida.

Dende aquí recomendovos un filme moi bo de principios dos 90, no que por primeira vez se tratou na gran pantalla o problema do sida nos países occidentais. A película recibiu varios premios, entre eles algún Óscar, e é recordada polo seu claro alegato contra a discriminación e a homofobia.



Por último, deixovos uns videos musicais sobre o tema. Por un lado o clásico de Bruce Springsteen "Streets of Philadelphia", escrito para a película; e por outro lado un tema de Queen "The Show

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Innovacións tecnolóxicas na Primeira Revolución Industrial

Para completar de forma complementaria as explicacións da aula acerca do maquinismo, deixovos unha presentación na que podemos observar as distintas innovacións tecnolóxicas que foron introducidas no século XVIII e que explican en parte a Revolución industrial. Como podedes ver se aplicaron ao transporte, á industria textil, ao agro, á industria siderúrxica, etc.

Non é necesario coñecelas todas pero sí debemos ter en conta a súa relevancia económica e saber valorar o espírito emprendedor e científico da intelectualidade inglesa, sin o cal non se tería dado a Revolución industrial:

martes, 23 de noviembre de 2010

A muller na arte

Aquí tedes un video moi chulo sobre a evolución da representación da muller na arte que está a ter moitas visitas en Youtube, e ademáis está a ter un gran recoñecemento pola súa orixinalidade e beleza. Aínda que os cadros non están ordenados estrictamente por orden cronoló

jueves, 18 de noviembre de 2010

El Mundo Today



Aínda que non ten que ver directamente coa materia de Ciencias Sociais, gustaríame recomendarvos unha web humorística moi entretida e divertida que está tendo moito éxito últimamente: El Mundo Today

Baixo a apariencia dunha web similar á de calquera xornal dixital español ou internacional (o seu nome recorda a xornais como o USA Today ou o nacional El Mundo), amosasenos unha visión da actualidade en clave de humor moi orixinal. Invéntanse unha realidade ficticia, cómica, surrealista e imposible, moi relacionada con algunhas das noticias de máis actualidade. Hai dende unha sección de deportes, opinión, nacional, cultura, etc. tal cual un xornal real. Poñovos uns cantos titulares como exemplos:

Pau Gasol no es alto, son dos personas
La Segunda Guerra Mundial comenzó como una broma
Telecinco emite por error ocho segundos de un documental
Averiguan el teléfono de Bin Laden pero comunica todo el rato

A apariencia da web é tan similar a un xornal que incluso chegouse a dar o caso de que unha televisión nacional publicou unha noticia súa como se fose real, cando en realidade era inventada:

Cuatro se traga una broma de El Mundo Today

martes, 16 de noviembre de 2010

Exercicios online de xeografía



Aquí vos deixo varias ligazóns para que podades practicar a xeografía física do mundo, Europa e España. Na maioría xógase con máis información da que eu vos pido, pero é igual, intentade sabervos os accidentes xeográficos que entran no exame. Se aprendedes algún novo tampouco está de máis... :

Costas de España

Costas de España 2

Relevo de España

Relevo de España

Ríos de España

Relevo de Europa

Costas de Europa

Océanos e continentes

lunes, 15 de noviembre de 2010

Cultivos hidropónicos

Deixovos algunhas fotos e enlaces acerca dos cultivos hidropónicos, cultivos que non precisan de solo para a súa producción. Neles podemos ver unha serie de vantaxes con respecto aos cultivos tradicionais, o que fai que cada vez se teñan máis en conta. Pensade na utilidade que pode ter en países con escasez de terras fértiles, por exemplo.








www.jardineriadigital.com

jueves, 11 de noviembre de 2010

Actividades de repaso: a Europa feudal

Deixovos aquí algunhas actividades interactivas que vos poden axudar a estudar ou a elaborar o esquema para o tema sobre a Europa medieval. Inclúese varias diapositivas con información, fotos, debuxos e tamén varias xogos cos contidos relacionados:



Tamén vos deixo aquí unha presentación moi completa e visual onde pod

miércoles, 10 de noviembre de 2010

O conflicto do Sáhara


Imaxe dunha manifestación en Madrid en apoio ao pobo saharaui

Éme imposible obviar nun blogue sobre historia e cidadanía os feitos que estes días están a sucedendo no Sáhara Occidental. Só tedes que acender a televisión, mirar os periódicos ou acender a radio para darvos conta da repercusión que está a ter. O gran problema é que este conflicto non é só cousa de hoxe, senón que leva uns 35 anos sen resolverse e parece que así seguirá.

Pero cal é o problema co Sáhara? Sen pretensións de ser exhaustivo vos comentarei brevemente as raíces do conflicto, que podedes ampliar se queredes cos enlaces que vos vou a deixar.

O Sáhara Occidental foi durante gran parte do século XX unha colonia de España. No ano 1976 os españois abandonaron o territorio saharaui como parte do proceso descolonizador. O proceso de independencia era un feito, e esperabase que o Sáhara Occidental establecese un Estado propio, independente e soberano. Pero tras deixar España o país á súa sorte, Marrocos ocupou o territorio de maneira ilegal, pretendendo convertir o Sáhara nun territorio baixo o seu dominio.

A partir de entonces comezou unha guerra entre o Estado marroquí e o Frente Polisario, movemento de liberación nacional que loita pola liberade do pobo saharaui. A ONU mediou no conflicto  en 1991 intentando impoñer un referendo no que os propios saharauis decidisen a súa soberanía: se queren ser independentes, ou se queren ser parte de Marrocos. A día de hoxe, ese referendo segue sen realizarse pola negativa de Marrocos.

Que é o que está facendo Marrocos na actualidade? Pois ir ocupando e poboando coa súa poboación os territorios saharauis, a pesares de que ningún país do mundo recoñece a súa soberanía sobre a zona. O obxectivo é claro: colonizar a zona con marroquíes para que, se algún día se fai o referendo, a xente decida que a zona se incorpore ao reino de Marrocos.

O que sucedeu estos días é un claro exemplo disto. O exército marroquí desaloxou un campamento de protesta de saharauis en Al Aaiun pola forza, como unha medida de avance máis na colonización da zona. Aquí podemos ver imaxes da violenta actuación dos marroquíes nestes dous videos:



Video do asalto ao campamento grabado dende dentro

En definitiva, por que se debe condenar a ac

lunes, 8 de noviembre de 2010

Tipos de IVE

Neste artigo podemos ver con detalle os distintos tipos de IVE en España, así como os productos aos que se aplica cada un:


Resumovos o máis importante:

IVE  reducido 8%:

"Se aplica a productos alimenticios y a los productos sanitarios (incluidas las gafas y las lentillas), así como aquello productos sanitarios de uso animal; transporte terrestre de viajeros y equipajes y aéreo y marítimo con destino a Baleares; la mayoría de servicios de hostelería y la construcción de viviendas; Entrada a cines, teatros, circos, conciertos, bibliotecas, museos, exposiciones, etc."

IVE superreducido 4%:

Aplicase a productos que se consideran de primeira necesidade:

"- Pan y cereales para su elaboración.
- Leche, queso y huevos.
- Frutas, verduras, hortalizas, legumbres y tubérculos naturales.
- Libros, periódicos y revistas.
- Coches y prótesis para minusválidos.
- Viviendas de protección oficial de régimen especial."


IVE xeral do 18%:
Aplicase ao resto de productos que non se inclúan nos apartados anteriores.


Na Wikipedia tamén podemos atopar a porcentaxe que se aplica para o IVE do resto dos países do mundo que o teñen incluído no seu sistema impositivo. Lembrade que é distinto según o país. Observade, por exemplo, que varios países europeos teñen un IVE superior ao 20%.
Artigo sobre o IVE en Wikipedia

jueves, 4 de noviembre de 2010

Urbanismo na Idade Media

Posto que non creo que demos chegado en 2º de ESO ao tema adicado ao urbanismo deixovos aquí un par de exemplos de distintos planos urbanísticos. En ámbolos dous casos podemos observar con claridade a zona antiga da cidade cun plano moito máis desordenado e caótico:


Este é o caso de Barcelona. Á esquerda podemos ver o porto, e arredor

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Goya e a Guerra da Independencia

Aquí podedes ver o outro gran cadro da serie que Goya dedicou ós sucesos que deron comezo á Guerra de Independencia española. Na clase analizamos con detalle "Os fusilamentos do 3 de Maio". Aquí vos presento "O 2 de maio de 1808 en Madrid" onde Goya representa a revolta que os madrileños iniciaron contra ás tropas francesas ao enterarse das abdicacións de Baiona.


Deixovos por un lado un enlace de Wikipedia onde podedes atopar información sobre o cadro e o seu contexto histórico: 

Neste breve video tamén podedes observar unha

jueves, 28 de octubre de 2010

Maltrato animal


Co fin de concienciarvos un poco cos asuntos que estos días tratamos con respecto aos dereitos dos animais deixovos un par de enlaces significativos. Abunda na rede información sobre estes temas e sobre asociacións ou ONGs que se adican a denuncialos. Se tedes interese é moi fácil atopala.

Sobre o tema das peles de animais aquí tedes un blog onde os amosan algunhas fotos e vos explican o trato cruel dado aos animais:

Liberación animal

Podedes ver tamén ao inicio desta entrada unha campaña publicitaria bastante chamativa.

E con respecto ao tema do foie gras deixovos por un lado un video explicativo con

miércoles, 27 de octubre de 2010

Volcans e terremotos

Aqui deixovos algo de información acerca dos axentes internos da formación do relevo que estamos a estudar estos días en 1º de ESO.

Nestes dous enlaces podedes atopar información sobre algúns dos volcáns do mundo para o traballo a entregar o martes:

Los 10 volcanes más importantes del mundo

Volcáns activos

Aquí tamén podedes ver a erupción dun vol

martes, 26 de octubre de 2010

A tortura en Guantánamo


Para complementar o aprendido estos días en Cidadanía e Ética deixovos un pouco de información para que ampliedes o voso coñecemento sobre o tema. Lembrade que, a día de hoxe, a prisión de Guantánamo segue aberta pese a promesa electoral de Barack Obama de pechala no prazo dun ano, prazo que xa pasou aínda que o presidente afirma que polo menos sí prohibiu a tortura.

Por un lado deixovos unha serie de enlaces para que poidades ver vós mesmos algunhas das cousas comentadas na aula:

- Aquí temos o manifesto (síntoo, só está en inglés) da campaña Musicians Standing