lunes, 28 de febrero de 2011

A arte do Renacemento

Aqui tedes a presentación que estamos a ver estos días na aula:
O renacemento en Europa
View more presentations from Álvaro Pérez.

Enlace de Google Docs para baixar a presentación (non require rexistro):

Baixar de Google Docs

jueves, 24 de febrero de 2011

Galegofobia na telebasura

Como galegos, e como galegofalantes habituais no caso do noso colexio, declaracións como éstas no programa de Tele 5, Gran Hermano, non poden facer máis que darnos vergoña allea ante tanto tópico e prexuízo xunto en apenas 9 minutos. Por sorte, todavía somos moitos os galegos que estamos orgullosos de falalo noso idioma propio.

Comentade nesta entrada que vos parece todo o que dicen as dúas rapazas acerca do galego. O asunto deu bastante xogo na rede:

lunes, 14 de febrero de 2011

Repaso Historia Medieval de España

Deixovos algo de información para repasar para o exame do mércores. Primeiro un pequeno atlas histórico online sobre o tema que nos ocupa:

Atlas histórico sobre os reinos peninsulares

E unha presentación do tema no que aparece moi ben resumidos os contidos que vimos na clase, con fotos, mapas e esquemas que vos poden axudar:

viernes, 11 de febrero de 2011

O home do Renacemento: Da Vinci


A reflexión do home do Renacemento acerca das artes, as ciencias, a técnica e, en xeral, o progreso e a razón, ten a súa máxima expresión na figura de Leonardo Da Vinci. Como xa vimos na aula, a súa tarefa non se centrou nunha única disciplina, senón que cultivou distintos campos do saber como a medicina, a técnica, a pintura, a música, a arquitectura. Pero o que sempre chama máis a atención da súa obra é a súa gran capacidade para adiantarse ao seu tempo. A lista de proxectos que Leonardo anticipou son moitísimos. Os seus inventos resultan moi chamativos para a súa época xa que gran parte deles sairon adiante con posterioridade.

Aquí tedes unha lista sacada do Museo Da Vinci onde se poden observar todos os seus inventos e proxectos agrupados por temas (proxectos sobre voar, máquinas de guerra, máquinas simples, máquinas musicais, etc.) Se vos fixades, ao lado esquerdo de cada obxecto aparece a folla do caderno de Da Vinci na que aparece o proxecto, e nas outras fotos podedes ver unha recreación visual de como quedaría na realidade

Listaxe de proxectos e inventos de Da Vinci

Deixovos tamén algunhas fotos máis grandes dalguns dos seus inventos máis chamativos:

Tanque blindado:



Escafandra:


Máquinas voadoras:


miércoles, 9 de febrero de 2011

Traballo sobre as relixións

Aquí tedes toda a información relativa ao traballo sobre as relixións que nos ocupará en Ética neste segundo trimestre:


domingo, 6 de febrero de 2011

Artistas contra o cambio climático


O deterioro do medio ambiente é un problema de gran actualidade na nosa sociedade. O modo de vida consumista e derrochador que levamos nos países desenvolvidos está a provocar cambios que poñen en perigo a súa preservación e, polo tanto, a propia supervivencia da nosa especie. A contaminación atmosférica, o esgotamento dos recursos naturais ou o consumo irresponsable son problemas sobre os que traballamos nos institutos. É importante facer ver ás xeracións futuras que o noso papel é fundamental para atallar o problema ambiental. A mensaxe está clara: nas nosas mans está a solución.

Sin embargo, esta mensaxe non sempre chega con toda a forza que desexariamos. Moitas veces non somos nin os profesores nin os pais as persoas máis influintes na mentalidade da xente xoven, senón que o son os seus ídolos. Músicos, futbolistas, actores e famosos en xeral, que en moitas ocasións son admirados e respetados por millóns de persoas.

¿Deberían este tipo de persoas intentar que mensaxes tan importantes como a concienciación sobre o cambio climático chegasen a toda a xente que fose posible? O seguinte caso é un bó exemplo de elo:

Pearl Jam invirte 210.000 dólares para compensar a contaminación provocada nos seus concertos

A famosa banda de rock de Seattle tenta dar exemplo con este pequeno xesto, co fin de concienciar a todo o mundo sobre a problemática das emisións de CO2. Durante este mes de febreiro estarán ademais axudando como voluntarios no proxecto de reforestación de zonas próximas á súa cidade natal. Está claro que non é máis que unha aportación simbólica, pero o importante do asunto é facer ver o problema e resaltar que todos debemos colaborar para a súa solución. Dan con elo todo un exemplo de civismo e cidadanía global, animando ós millóns de fans que teñen en todo o mundo a seguir o seu exemplo.

Devolvemoslle o favor a Pearl Jam animandovos dende aquí a que escoitedes un dos seus temas máis coñecidos e famosos. Ahi vos vai:



jueves, 3 de febrero de 2011

A xeografía do imperialismo

Aquí tedes os mapas onde aparecen a redistribución das colonias na época do imperialismo:




Na seguinte presentación tamén podedes observar máis mapas, esquemas e algunas fotos interesantes sobre os canais de Suez e Panamá, dous puntos estratéxicos fundamentais nesta época: