Hoxe, 1 de Decembro, conmemórase o día mundial da loita contra esta enfermidade, cousa que se ven facendo dende que a ONU o establecese no ano 1998, vendo que estaba empezando a converterse na pandemia máis grave de finais do século XX. As estadísticas ofrecenos datos arrepiantes.
En África cerca de 8.000 persoas morren infectadas polo sida (fonte: El País)
Nunca ven mal recordar que, a pesares de ser moito máis graves en países subdesenvolvidos, o sida é unha enfermidade da que non se libran países como o noso. Aquí o gran problema non é a falta de medios técnicos ou médicos, senón que é un problema de responsabilidade. Como hoxe mesmo declaraba un médico español no telexornal, "hai moita información, pero pouca concienciación". A pesares de saber que é unha enfermidade de transmisión sexual, moita xente (sobre todo a xuventude) non toma as precaucións necesarias. É dicir, o uso do preservativo, o único método anticonceptivo que pode evitar a transmisión do sida.
Dende aquí recomendovos un filme moi bo de principios dos 90, no que por primeira vez se tratou na gran pantalla o problema do sida nos países occidentais. A película recibiu varios premios, entre eles algún Óscar, e é recordada polo seu claro alegato contra a discriminación e a homofobia.
Por último, deixovos uns videos musicais sobre o tema. Por un lado o clásico de Bruce Springsteen "Streets of Philadelphia", escrito para a película; e por outro lado un tema de Queen "The Show
Must Go On", no que se fai referencia ao estado de saúde do seu cantante, Freddy Mercury, que morrería pouco despois como consecuencia da sida. Como podedes ver, é unha enfermidade que afecta a todo o mundo: sexan pobres, ricos, famosos, etc
No hay comentarios:
Publicar un comentario