martes, 21 de junio de 2011

Fin de curso 2010- 2011

Chega o verán, chega o San Xoán e con él o fin deste curso académico. As notas xa están postas e as vacacións xa están á volta da esquina. Dende aquí gustaríame desexarvos unhas felices vacacións; espero que as aproveitedes ben e que veñades con ganas en setembro. Aos que deixaron algo para setembro, que sepan que se teñen interese podo subir exercicios de repaso ou algúns modelos de exame no noso blog. Pero lembrade que o fundamental é que vos esforzedes e estudiedes para poder sacar todo. Sei que parece un tópico pero é certo: en vacacións hai tempo de sobra para todo.

Non sei se seguirei o próximo curso aquí, probablemente sí, así que espero que o ano que ven vos portedes igual ou mellor que este ano, que non estivo nada mal, aínda que sempre hai excepcións jejej. E non estaría de máis intentar darlle algo máis de vidilla ao blog, pero iso depende de vós, e do voso interese.

Saúdos e ata o próximo curso:


Gracias a Valentín polo retrato tan currado que se marcou. É todo un artista

domingo, 5 de junio de 2011

5 de xuño: Dia Mundial do Medio Ambiente


Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, día que a ONU utiliza para recordar e sensibilizar á xente dos graves problemas ambientais que hai no planeta, moitos dos cales xa estudamos nas aulas. Non convén olvidar alguns dos máis importantes:

- Cambio climático.
- Sobreexplotación dos recursos.
- Deforestación
- Extinción de especies.
- Contaminación dos mares e ríos

Lembrade que o noso papel como cidadáns é fundamental para solventar todos eles. E pensade que nos afectan a todos, incluso cando pensamos que non. Un exemplo, esta noticia que aquí vos deixo:

La primavera más seca en 50 años en Galicia obliga a establecer un plan de embalses

Se queredes máis información podedes acudir á web do programa da ONU para o medio ambiente pinchando na seguinte imaxe: