Para complementar o aprendido estos días en Cidadanía e Ética deixovos un pouco de información para que ampliedes o voso coñecemento sobre o tema. Lembrade que, a día de hoxe, a prisión de Guantánamo segue aberta pese a promesa electoral de Barack Obama de pechala no prazo dun ano, prazo que xa pasou aínda que o presidente afirma que polo menos sí prohibiu a tortura.
Por un lado deixovos unha serie de enlaces para que poidades ver vós mesmos algunhas das cousas comentadas na aula:
- Aquí temos o manifesto (síntoo, só está en inglés) da campaña Musicians Standing
Aganist Torture (músicos unidos contra a tortura) onde varios artistas fan un alegato contra o uso de torturas como a musical, animando á xente a que asinen a súa carta aberta de protesta ao Congreso dos EEUU: Manifesto
- Neste outro artigo podemos ver a lista completa de músicos cuxas cancións foron utilizadas para a tortura en Guantánamo: Lista de artistas
- No artigo comentado na aula e no documental puidemos observar o traballo da ONG internacional contra a tortura Reprieve. Aquí podemos ver a súa web oficial onde nos amosa os presos aos que lles proporciona axuda legal na actualidade: Web de Reprieve
- Tamén podemos ver aquí a campaña Zero DB que se iniciou como rexeitamento ao uso da música como instrumento da tortura. Recomendovos que visitedes a web, onde músicos e persoas de todo o mundo colaboraron co seu silencio a esta campaña. Emotiva como poucas.
- Por último deixovos un enlace de Youtube onde podemos ver a orixinal forma de protesta (con sirena incluida) da banda Rage Against the Machine xusto na introducción dos seus concertos:
bueno bueno nn sera pa tanto!!!! e broma sike o e!!! k llo fagan a iles!!!!!!!!!
ResponderEliminarbuff o de guantanamo e mortal en fin o das torturas imperdonable...k vergonza Estados Unidos un dos "super paises" que faga esto en fin...ojala yo fagan a eles
ResponderEliminar