Imaxe dunha manifestación en Madrid en apoio ao pobo saharaui
Pero cal é o problema co Sáhara? Sen pretensións de ser exhaustivo vos comentarei brevemente as raíces do conflicto, que podedes ampliar se queredes cos enlaces que vos vou a deixar.
O Sáhara Occidental foi durante gran parte do século XX unha colonia de España. No ano 1976 os españois abandonaron o territorio saharaui como parte do proceso descolonizador. O proceso de independencia era un feito, e esperabase que o Sáhara Occidental establecese un Estado propio, independente e soberano. Pero tras deixar España o país á súa sorte, Marrocos ocupou o territorio de maneira ilegal, pretendendo convertir o Sáhara nun territorio baixo o seu dominio.
A partir de entonces comezou unha guerra entre o Estado marroquí e o Frente Polisario, movemento de liberación nacional que loita pola liberade do pobo saharaui. A ONU mediou no conflicto en 1991 intentando impoñer un referendo no que os propios saharauis decidisen a súa soberanía: se queren ser independentes, ou se queren ser parte de Marrocos. A día de hoxe, ese referendo segue sen realizarse pola negativa de Marrocos.
Que é o que está facendo Marrocos na actualidade? Pois ir ocupando e poboando coa súa poboación os territorios saharauis, a pesares de que ningún país do mundo recoñece a súa soberanía sobre a zona. O obxectivo é claro: colonizar a zona con marroquíes para que, se algún día se fai o referendo, a xente decida que a zona se incorpore ao reino de Marrocos.
O que sucedeu estos días é un claro exemplo disto. O exército marroquí desaloxou un campamento de protesta de saharauis en Al Aaiun pola forza, como unha medida de avance máis na colonización da zona. Aquí podemos ver imaxes da violenta actuación dos marroquíes nestes dous videos:
Video do asalto ao campamento grabado dende dentro
En definitiva, por que se debe condenar a ac
tuación de Marrocos no Sáhara?
1. Según a ONU, todas as nacións do mundo teñen dereito a ter o seu propio Estado e a decidir sobre a súa soberanía (aos de 4º sonaralles un pouco isto...). Ao Sáhara negouselle este dereito.
2. Toda persoa ten, según os Dereitos Humanos, dereito a escoller libremente a súa residencia. Moitos dos saharauis tiveron que huir e exiliarse en campos de refuxiados ante a invasión e colonización sufrida por Marrocos.
3. O dereito e liberade de prensa incumplese gravemente nesta zona, onde incluso hoxe é difícil obter información verídica sobre o que pasou no campamento estos días.
4. A liberdade de expresión é cohartada con frecuencia. É famoso o caso da activista Aminetu Haydar, que foi detida por expresar a súa opinión contraria á ocupación marroquí.
5. A violencia do Estado marroquí chegou a levar a cabo actos cercanos ao xenocidio.
6. O Sáhara ten dereito a decidir democráticamente o seu futuro, algo que Marrocos está a impedir constantemente.
Un conflicto con difícil solución no que España non pode negar a súa parte de culpa. Anímovos dende aquí a defender a causa saharaui e mostrar a vosa indignación contra un caso claro de violación dos Dereitos Humanos e da liberdade dun pobo.
Web do Frente Polisario en castelán
Noticia do 7 de Novembro onde se relata a toma do campamento
Aquí vemos un mapa onde se amosa a zona totalmente controlada por Marrocos:
Breve historia do conflicto
Páxina de apoio en Facebook
No hay comentarios:
Publicar un comentario