viernes, 11 de febrero de 2011

O home do Renacemento: Da Vinci


A reflexión do home do Renacemento acerca das artes, as ciencias, a técnica e, en xeral, o progreso e a razón, ten a súa máxima expresión na figura de Leonardo Da Vinci. Como xa vimos na aula, a súa tarefa non se centrou nunha única disciplina, senón que cultivou distintos campos do saber como a medicina, a técnica, a pintura, a música, a arquitectura. Pero o que sempre chama máis a atención da súa obra é a súa gran capacidade para adiantarse ao seu tempo. A lista de proxectos que Leonardo anticipou son moitísimos. Os seus inventos resultan moi chamativos para a súa época xa que gran parte deles sairon adiante con posterioridade.

Aquí tedes unha lista sacada do Museo Da Vinci onde se poden observar todos os seus inventos e proxectos agrupados por temas (proxectos sobre voar, máquinas de guerra, máquinas simples, máquinas musicais, etc.) Se vos fixades, ao lado esquerdo de cada obxecto aparece a folla do caderno de Da Vinci na que aparece o proxecto, e nas outras fotos podedes ver unha recreación visual de como quedaría na realidade

Listaxe de proxectos e inventos de Da Vinci

Deixovos tamén algunhas fotos máis grandes dalguns dos seus inventos máis chamativos:

Tanque blindado:



Escafandra:


Máquinas voadoras:


No hay comentarios:

Publicar un comentario