domingo, 6 de febrero de 2011

Artistas contra o cambio climático


O deterioro do medio ambiente é un problema de gran actualidade na nosa sociedade. O modo de vida consumista e derrochador que levamos nos países desenvolvidos está a provocar cambios que poñen en perigo a súa preservación e, polo tanto, a propia supervivencia da nosa especie. A contaminación atmosférica, o esgotamento dos recursos naturais ou o consumo irresponsable son problemas sobre os que traballamos nos institutos. É importante facer ver ás xeracións futuras que o noso papel é fundamental para atallar o problema ambiental. A mensaxe está clara: nas nosas mans está a solución.

Sin embargo, esta mensaxe non sempre chega con toda a forza que desexariamos. Moitas veces non somos nin os profesores nin os pais as persoas máis influintes na mentalidade da xente xoven, senón que o son os seus ídolos. Músicos, futbolistas, actores e famosos en xeral, que en moitas ocasións son admirados e respetados por millóns de persoas.

¿Deberían este tipo de persoas intentar que mensaxes tan importantes como a concienciación sobre o cambio climático chegasen a toda a xente que fose posible? O seguinte caso é un bó exemplo de elo:

Pearl Jam invirte 210.000 dólares para compensar a contaminación provocada nos seus concertos

A famosa banda de rock de Seattle tenta dar exemplo con este pequeno xesto, co fin de concienciar a todo o mundo sobre a problemática das emisións de CO2. Durante este mes de febreiro estarán ademais axudando como voluntarios no proxecto de reforestación de zonas próximas á súa cidade natal. Está claro que non é máis que unha aportación simbólica, pero o importante do asunto é facer ver o problema e resaltar que todos debemos colaborar para a súa solución. Dan con elo todo un exemplo de civismo e cidadanía global, animando ós millóns de fans que teñen en todo o mundo a seguir o seu exemplo.

Devolvemoslle o favor a Pearl Jam animandovos dende aquí a que escoitedes un dos seus temas máis coñecidos e famosos. Ahi vos vai:



No hay comentarios:

Publicar un comentario