martes, 21 de junio de 2011

Fin de curso 2010- 2011

Chega o verán, chega o San Xoán e con él o fin deste curso académico. As notas xa están postas e as vacacións xa están á volta da esquina. Dende aquí gustaríame desexarvos unhas felices vacacións; espero que as aproveitedes ben e que veñades con ganas en setembro. Aos que deixaron algo para setembro, que sepan que se teñen interese podo subir exercicios de repaso ou algúns modelos de exame no noso blog. Pero lembrade que o fundamental é que vos esforzedes e estudiedes para poder sacar todo. Sei que parece un tópico pero é certo: en vacacións hai tempo de sobra para todo.

Non sei se seguirei o próximo curso aquí, probablemente sí, así que espero que o ano que ven vos portedes igual ou mellor que este ano, que non estivo nada mal, aínda que sempre hai excepcións jejej. E non estaría de máis intentar darlle algo máis de vidilla ao blog, pero iso depende de vós, e do voso interese.

Saúdos e ata o próximo curso:


Gracias a Valentín polo retrato tan currado que se marcou. É todo un artista

6 comentarios:

  1. Parabéns a Valentín,excelente retrato e boas vacacións a tódolos alumnos e profes de Padrenda!!

    ResponderEliminar
  2. jjaja Valentín casi che saiu clabado =D :.

    ResponderEliminar
  3. Felices vacacións a todos¡ que o pasedes moy bn jajajjajja... ata o proximo cursoo¡¡

    ResponderEliminar
  4. Profesor, tenos que bir facer unha visita algun díaa!! Saudos Que teñan un bo día

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. irei, irei! a ver si un venres me podo achegar nas horas da tarde. saúdos para todos! acórdome moito de vós

      PD: poñede o voso nome se escribides, que non sei quen sodes!

      Eliminar