miércoles, 26 de enero de 2011

Mosteiros de Galicia


Aquí podedes ver a cantidade de mosteiros que en Galicia se fundaron na Idade Media. É unha boa mostra da importancia e a influencia que en Galicia tiñan como señores feudais. Moitos deles conservaronse co paso dos anos, ou sufriron diversas modificacións. Na actualidade é posible visitar a maioría deles que forman parte do rico patrimonio histórico medieval que temos en Galicia.

Na seguinte web podedes atopar información detallada sobre cada un dos mosteiros. Só tedes que pinchar neles e poderedes ver dende a súa historia ata fotos actuais ou incluso planos nos que se ensina a planta ou outras zonas do mosteiro:

Guía de mosteiros de Galicia

Na Galipedia tamén podedes atopar máis información e enlaces ás web dos mosteiros (se as teñen) nas que se informa das posiblidades de visitalos:

Mosteiros galegos na Galipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario