miércoles, 26 de enero de 2011

Mosteiros de Galicia


Aquí podedes ver a cantidade de mosteiros que en Galicia se fundaron na Idade Media. É unha boa mostra da importancia e a influencia que en Galicia tiñan como señores feudais. Moitos deles conservaronse co paso dos anos, ou sufriron diversas modificacións. Na actualidade é posible visitar a maioría deles que forman parte do rico patrimonio histórico medieval que temos en Galicia.

Na seguinte web podedes atopar información detallada sobre cada un dos mosteiros. Só tedes que pinchar neles e poderedes ver dende a súa historia ata fotos actuais ou incluso planos nos que se ensina a planta ou outras zonas do mosteiro:

Guía de mosteiros de Galicia

Na Galipedia tamén podedes atopar máis información e enlaces ás web dos mosteiros (se as teñen) nas que se informa das posiblidades de visitalos:

Mosteiros galegos na Galipedia

jueves, 13 de enero de 2011

A atmosfera e os seus problemas

Aquí tedes algo máis de información que quizáis vos axude a comprender os fenómenos que estudamos esta semana na clase.

Neste video explicativo podedes ver a explicación da teoría do efecto invernadoiro dunha maneira moi sinxela:



Na seguinte web podedes atopar información acerca da capa de ozono, a súa función, a existencia de buracos e as consecuencias que para o ser humano pode traer este problema:

http://www.bibliotecapleyades.net/ciencia/ciencia_ozono01.htm

Por último, nestas imaxes sacadas do CSIC podedes ver claramente a distinta incidencia dos raios solares según a inclinación, o que explica a diferencia de temperatura en distintas latitudes. Vede que neste exemplo, en vez de usar unha lupa como fixemos nós, empregan unha lanterna pero vale exactamente igual. Observade que cun mesmo foco de luz habería distinta temperatura se o facemos incidir de maneira directa ou non.


miércoles, 12 de enero de 2011

Marxismo e comunismo

A bandeira da URSS, primeiro país que levou adiante unha revolución obreira, é un dos símbolos máis coñecidos do comunismo. Podemos observar a fouce e o martillo, que simbolizan ós campesiños e os obreiros, e a estrela revolucionaria


Deixovos algo de información variada acerca do marxismo e o socialismo. Para empezar esta web chamada "Diccionario do Marxismo" onde podedes atopar información bastante útil e completa sobre a teoría de Karl Marx

Diccionario de Marxismo

O himno da Internacional é moi famoso e coñecido. Foi adoptado como himno oficial na II Internacional e incluso chegou a ser o himno oficial da URSS durante varios anos:



A canción orixinal está cantada en francés. Non vos fiedes da letra que aparece no video; aquí podedes ver a letra orixinal en francés, e a súa adaptación en castelán.

E por último aqui tedes un cuestionario online que vos pode axudar a repasar algúns dos contidos do tema referidos ao capitalismo e ao marxismo:

CUESTIONARIO ONLINE