martes, 21 de junio de 2011

Fin de curso 2010- 2011

Chega o verán, chega o San Xoán e con él o fin deste curso académico. As notas xa están postas e as vacacións xa están á volta da esquina. Dende aquí gustaríame desexarvos unhas felices vacacións; espero que as aproveitedes ben e que veñades con ganas en setembro. Aos que deixaron algo para setembro, que sepan que se teñen interese podo subir exercicios de repaso ou algúns modelos de exame no noso blog. Pero lembrade que o fundamental é que vos esforzedes e estudiedes para poder sacar todo. Sei que parece un tópico pero é certo: en vacacións hai tempo de sobra para todo.

Non sei se seguirei o próximo curso aquí, probablemente sí, así que espero que o ano que ven vos portedes igual ou mellor que este ano, que non estivo nada mal, aínda que sempre hai excepcións jejej. E non estaría de máis intentar darlle algo máis de vidilla ao blog, pero iso depende de vós, e do voso interese.

Saúdos e ata o próximo curso:


Gracias a Valentín polo retrato tan currado que se marcou. É todo un artista

domingo, 5 de junio de 2011

5 de xuño: Dia Mundial do Medio Ambiente


Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, día que a ONU utiliza para recordar e sensibilizar á xente dos graves problemas ambientais que hai no planeta, moitos dos cales xa estudamos nas aulas. Non convén olvidar alguns dos máis importantes:

- Cambio climático.
- Sobreexplotación dos recursos.
- Deforestación
- Extinción de especies.
- Contaminación dos mares e ríos

Lembrade que o noso papel como cidadáns é fundamental para solventar todos eles. E pensade que nos afectan a todos, incluso cando pensamos que non. Un exemplo, esta noticia que aquí vos deixo:

La primavera más seca en 50 años en Galicia obliga a establecer un plan de embalses

Se queredes máis información podedes acudir á web do programa da ONU para o medio ambiente pinchando na seguinte imaxe:

miércoles, 25 de mayo de 2011

De onde é o teu apelido?

Un amigo que traballa na Universidade de Santiago de Compostela mandoume o enlace a este proxecto que, cando menos pode resultarnos curioso.


Tratase dunha cartografía dos apelidos en Galicia, é dicir, permite sabermos a frecuencia do noso apelido en tódolos concellos de Galicia. Por exemplo, se poñemos no programa o meu apelido "Cancelas", aparécenos que a maioría dos Cancelas de Galicia estás situados nos concellos de Cangas e Moaña (de onde é orixinaria toda a miña familia). Se poñemos apelidos como Montero, Heredia, Estévez, veremos como son os maioritarios na zona de Padrenda.

Se tedes curiosidade só tedes que poñer o voso apelido na aplicación, pinchando a imaxe ou a seguinte ligazón:

http://ilg.usc.es/cag/

martes, 10 de mayo de 2011

Traballo sobre "Rebelión na granxa"



Deixovos aquí a ficha sobre o libro se finalmente escolledes facer o traballo voluntario. O plazo para a súa entrega será para antes da excursión, é dicir, como moi tarde o xoves 9 de xuño. Lembrade que poderá sumar ata 1 punto a maiores na avaliación. Se tedes calquera dúbida sobre a ficha podedesme preguntar neste mesmo artigo ou na aula:

Ficha para baixar en Google Docs


Atopei un enlace onde podedes consultar o libro íntegro dende internet e incluso podedes baixalo.:

Libro virtual: "Rebelión na granxa" de Georges Orwell

Hai exemplares de sobra na biblioteca, pero para buscar algún detalle concreto sobre o libro quizáis vos axude.

lunes, 28 de marzo de 2011

A 2ª Guerra Mundial en TV

Agora que estamos a piques de chegar a Segunda Guerra Mundial no temario de 4º de ESO, fágovos unha recomendación televisiva que ven moi ben co tema.

Este xoves estrease en Antena 3 unha miniserie de 10 capítulos sobre a 2ª Guerra Mundial chamada "The Pacific". Estas son algunhas das razón polas que, na miña opinión, deberiades de vela:

- Visualmente é espectacular. Nótase que é a serie coa producción máis cara da historia da televisión.

- Foi unha das series máis premiadas da anterior tempada.

- Conta coa colaboración de Tom Hanks e Steven Spielberg, que xa traballaron sobre o tema na oscarizada "Salvar ao soldado Ryan".

- Históricamente é moi fiable. Está narrada dende o punto de vista americano, pero non cae no patriotismo barato de moitas películas.

- Non é un documental nin unha serie solo de batallas. Contase unha bonita historia humana de varios personaxes e como a guerra os deixa profundamente marcados.

- Aparecen moitas cousas que veremos en clase referentes á guerra contra os xaponeses nas illas do Pacífico.

Deixovos un par de trailers para ver si consigo animarvos a vela:



Trailer en Antena 3: pincha aquí

sábado, 19 de marzo de 2011

Intermodalidade e novos medios de transporte

Atopei na web un interesante video feito por un estudiante da Universidade de Salamanca na que explica a intermodalidade nos transportes baseandose no exemplo de Singapur. Como vedes as vantaxes que conleva no transporte son importantísimas:




Inclúovos tamén algo de información sobre os sistemas de transporte baseados na levitación magnética, é dicir, que "voan sobre imans":



Tren de levitación magnética

Noticia en publico.es onde fala da investigación xaponesa en trens magnéticos

viernes, 18 de marzo de 2011

Máis climogramas

Deixovos varios climogramas para que repasedes para o exame do martes. Algun destes son algo difíciles, pero lembrade que se seguides os pasos que explicamos na clase conseguiredes acertalos. Un deles é o de Ourense, que como comprobaredes é difícil de clasificar, xa que podemos ter dúbidas sobre se é un oceánico ou un mediterráneo.

Intentade facelo e se podedes poñede as respostas neste mesmo artigo e vos direi se están ben. Se queredes velos máis grandes pinchade neles. Ahi van:

Climograma 1:

Climograma 2:


Climograma 3:

Climograma 4:

E lembrade que neste artigo explicovos como acceder á web para ver o climograma da cidade do mundo que vos elixades:

Web dos climogramas

domingo, 13 de marzo de 2011

Repaso Renacemento

Aqui vos deixo algo de material para repasar o último tema de sociais.

Pinchando na seguinte foto podedes acceder a unha visita virtual á Capela Sixtina a través da web do Vaticano. Podedes ver ao detalle as pinturas de Miguel Anxo con explicacións de cada unha:



No seguinte enlace tamén podedes acceder a unha actividade online de repaso sobre o tema:

Cuestionario online

E por último aquí tedes un interesante video no que explica brevemente a importancia da perspectiva no Renacemento:

sábado, 5 de marzo de 2011

Climogramas do mundo

Na seguinte web podedes obter moita información sobre o tema dos climas e incluso podedes observar climogramas de tódalas rexións do mundo. De feito, é de aquí de onde saquei os datos do climograma que estades a elaborar na casa. Se tedes dúbidas á hora de interpretalo sempre podedes comparar o climograma que vós fixestes con algún outro que apareza aquí, para así poder averiguar de que tipo se trata.

Explicovos un pouco como funciona a web. Se pinchades no seguinte enlace levaravos a unha pantalla onde podedes elexir o país, a cidade e dándolle ao botón "ver climodiagrama" vos ensinará todos os datos desa cidade tal como aparece nas fotos:

web dos climogramas

Aquí vedes a pantalla onde seleccionades o lugar.



E aquí tedes a pantalla onde tedes toda a información e o climograma do lugar.



O enlace que hai máis arriba leva aos climogramas europeos, pero se queredes seleccionar outro continente só tedes que pinchar onde vos indico na seguinte foto:


Aquí tamén podedes acceder a un pequeno xogo sobre as zonas climáticas do mundo:

Xogo climas do mundo

E lembrade que se tedes calquera dúbida da actividade do climograma estes días, podedes preguntarma deixando un comentario neste mismo artigo.

lunes, 28 de febrero de 2011

A arte do Renacemento

Aqui tedes a presentación que estamos a ver estos días na aula:
O renacemento en Europa
View more presentations from Álvaro Pérez.

Enlace de Google Docs para baixar a presentación (non require rexistro):

Baixar de Google Docs